Megan Fox, outro motivo para ir ver a peli dos Transformers

Mañá estréase a película dos Transformers, aínda que es España se está a anunciar unicamente a película en si e non se aproveita o fenómeno para promocionar coches coma...

Mañá estréase a película dos Transformers, aínda que es España se está a anunciar unicamente a película en si e non se aproveita o fenómeno para promocionar coches coma o Killer3 de Pontiac:
Anuncio de Pontiac
O anuncio do devandito coche é bastante elegante:
Pero, vaia, de todo o anuncio coido que o mellor é a rapaza, que ten mellor carrocería que Optimus Prime como se pode ver neste fragmento da peli:
Megan Fox nos premios MTV de CineA Megan Denise Fox parece que se vai converter en toda unha estrela, mentres que no seu currículo o único subliñable sería que apareceu no número de novembro de 2005 da revista FHM, o que lle valeu a posición 68 da listaxe das 100 Mulleres Máis Atractivas da mesma revista, á que volveu a posar para o número de marzo de 2007. A rapariga tamén se deixou ver na estrea da película e nos MTV Movie Awards, captando moita máis atención das cámaras que os seus compañeiros de reparto (¿por qué será?).
A chegada da película dos Transformers a España parece que só vén acompañada de anuncios na televisión e moita presenza de xoguetes en centros comerciais (aínda non vin ningún cartel na rúa) e polo que vin, nos cines Filmax se vai a estrear en dúas salas (o que está bastante ben para tratarse dun mércores) mentres que nos cines de Yelmo a carteleira non está actualizada na súa web nin en Entradas.com (polo que non sei se ten a mesma presencia).
De seguro que a película vai funcionar ben, pero dubido se vai acadar grandes cifras en número de espectadores por culpa de que non parece para nenos. Supoño que tampouco se coñecerá a resposta do público ata a fin de semana (as estreas en mércores normalmente só contan coa asistencia dos máis frikis). Eu, polo momento, deixo estas liñas co trailer en español que están a botar pola televisión estes días:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS