Mac vs PC en Noche Sin Tregua

Dende Applesfera entérome dun monólogo de Dani Mateo a xeito de entradiña do seu xenial programa Noche Sin Tregua no que fai burla da rivalidade entre Mac e PC:...

Dende Applesfera entérome dun monólogo de Dani Mateo a xeito de entradiña do seu xenial programa Noche Sin Tregua no que fai burla da rivalidade entre Mac e PC:
A min faime especial graza o detalle do reprodutor MP4 de El País, pois hai que admitir que en España pasamos de todo con iso dos reprodutores multimedia pijoteros e así nós miramos a capacidade de almacenamento, o prezo e pouco máis, de xeito que Apple non fai tanto negocio aquí coma nos EE.UU. (onde foi capaz de colar nunha fin de semana medio millón de iPhones a 499-599 dólares cando a eles lles custan 200-220 dólares). Spain is different? Ou acaso son os ianquis os rariños?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS