Zapping en directo… ¡Yes!

¡Menudo programón! O directo de Zapping do pasado venres foi apoteósico, e iso que agora o programa non se emite para toda Galicia, polo que ten moitísimo mérito. De...

O público no directo de Zapping
¡Menudo programón! O directo de Zapping do pasado venres foi apoteósico, e iso que agora o programa non se emite para toda Galicia, polo que ten moitísimo mérito.
Alberta na súa intervención no programaDe feito, a xente tardou bastante en chegar, e parecía que a acollida era un tanto fría (ou sexa, que non chegaron 15 minutos antes do programa, como pediran Txury e Antón) pero durante a emisión, cando un botaba a vista atrás podía ver como se duplicara a asistencia en poucos minutos chegando a un cento de oíntes.
Para os habituais ó programa este directo tivo como principal atractivo que serviu para dar a coñecer a 2 novos colaboradores: Vítor, da Escola de Portugués, e Alberta, da Escola de Italiano.
Sen máis voltas, déixovos que o comprevedes coa gravación do programa que fixo Galiciandreamer:


Ah, as páxinas que recomendei foron peliculasonline.org, yendit.com, tovideos.com e sinlamula.com.

Trala gravación celebrouse o concurso Oínte Zapping do Ano 2007 (OZA 07) con moita participación e diversión, que consistía en 5 probas nas que nos tiñamos que bater os concursantes en eliminatorias:

  • Unha partida ós chinos (¿alguén chama chineses a este xogo?)
  • Abotoamento de camisa coa man esquerda (os zurdos deben empregar a dereita)
  • Lanzamento de lonxitude de oso de aceituna
  • Carreira de inflamento de globos ata que esbouren
  • Competición de velocidade en tragar unha rebanada de pan de molde

Trivial ZappingO campionato foi duro, e os históricos do programa fomos caendo pouco a pouco (¡faltaba Rochy!), ata que quedaron dúas competidoras moi duras de roer: Begoña e Alberta (si, ¡Miss Salento!). Estas finalistas se bateron nun Trivial Zapping con preguntas curiosas sobre o programa de radio, gañando Begoña por goleada (algo normal, xa que Alberta non é unha oínte habitual de Zapping, principalmente por ser unha recén chegada).
Concurso aparte, o encontro no directo foi moi gratificante por poder ver en persoa a xente que só coñeces pola voz, os SMS ou os comentarios nos blogs. Por unha banda estivo moi ben que se achegaran algúns oíntes de zonas fóra da cobertura de Radio Coruña e Radio Nordés (auténticos incondicionais que seguen agora o programa grazas ó podcast), e tamén para poder verlle a cara a xente coma Brigantium e o mesmísimo Coiote, que supoño que calquera día será Invitado Ñe, pois tralo concurso estivo comentando que coleccionaba cousas do Coiote da Warner e que mesmo ten o taxi todo tuneado con imaxes do popular animaliño televisivo. ¡Enorme!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • Marcus, p.i. na Radio Galega

    Seguindo unha broma sobre a sintonía da miña sección no programa A Tarde da Radio Galega, pedín ao actor Miguel Pernas que berrase o meu nome para metelo na...
  • Xabaríns na USC

    A semana pasada en Código Cero dimos conta da estrea do xogo Xabaríns na USC, do tolambrán Juan Gestal, a quen ultimamente temos facendo das súas pola cidade da...
  • Los Nativos Digitales No Existen en Compostela

    O pasado venres foi a presentación en Santiago de Compostela do libro Los Nativos Digitales No Existen, e aproveitando o evento na cidade, Javier Pedreira Wicho e Fátima García...