La Sexta Noticias en 1977

A semana pasada, La Sexta quixo celebrar o aniversario do referendum da Constitución de 1977 facendo unha homenaxe a aquel momento dende os seus informativos. Así, recrearon cómo sería...

A semana pasada, La Sexta quixo celebrar o aniversario do referendum da Constitución de 1977 facendo unha homenaxe a aquel momento dende os seus informativos. Así, recrearon cómo sería un informativo de La Sexta se a canle existise naquelas datas, e o mellor de todo foi o prognóstico do tempo, co gracioso Javier Gómez emulando a Mariano Mediana coa súa pizarra:
Javier Gómez imitando a Mariano Medina
Tamén estivo simpático ver a Mamen Mendizábal maqueada en plan retro, e nun decorado sumamente cutre. Parece mentira que a televisión fose antes así (e que non dese pena). Pensar que unha televisión local de hoxe ten máis medios que a Televisión Española de hai 30 anos dá calafríos.
Convídovos a ver o vídeo do programa homenaxe, achegado dende a nova web de La Sexta Noticias:
Ver o vídeo ▼

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS