Manuel de Andrade no Luar

Acaban de avisarme a través de YouTube de que penduraron na Rede o vídeo de Manuel de Andrade actuando no Luar da TVG: ¡Menudos caretos pon o Toñito cos...

Acaban de avisarme a través de YouTube de que penduraron na Rede o vídeo de Manuel de Andrade actuando no Luar da TVG:
¡Menudos caretos pon o Toñito cos riffs de guitarra! ¡Ese Manuel! A verdade é que a canción lembroume á súa actuación no Disco 600, co meu irmán de mestre de cerimonias.
Non é preciso dicir que gusto moito de que se monten ese tipo de lerias en Melide (dende concertos ata actuacións humorísticas) pois coido que montar actividades para que a xente que está na vila todo o ano poida divertirse sen facer o de sempre resulta primordial. Entre Disco 600, o Gatos e A Fundación aínda van achegando actividades para aledar a vida ós melidense, o que ten especialmente mérito por tratarse de iniciativas privadas. Crucémolos dedos e ¡que siga a festa!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS