O kalimotxo de mamá

Para promocionar o lanzamento dunha televisión en Internet para os San Fermíns, Juanma Bajo Ulloa dirixiu un vídeo musical protagonizado por Pablo Carbonell que ten tódalas papepelas para converterse...

Para promocionar o lanzamento dunha televisión en Internet para os San Fermíns, Juanma Bajo Ulloa dirixiu un vídeo musical protagonizado por Pablo Carbonell que ten tódalas papepelas para converterse nunha das cancións do verán, cando menos nas zonas de viño e botellóns de media España. El Kalimotxo de Mamá vai ser un dos éxitos víricos do mes como xa o fora o Koala co seu corrá, e apostaría algo a que vai saír en tódalas televisións aínda que sexa só a poucos días dos San Fermíns:
Ver a letra da canción ▼

Atopei este glorioso vídeo grazas a José Luis Orihuela, e coido que a canción pode soar tanto por certos garitos como a cabritinha de Quim Barreiros, e para os que gusten moito do tema tamén o poden descargar en formato MP3 e sobra dicir que a camiseta de Kukusumuxu tamén se vende a través da Rede (regalando o CD coa canción para compras de máis de 30 euros).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS