Xogando ó xadrez

Hai moito tempo que non boto unha partida ó xadrez ou a calquera outro xogo de mesa (¡ai, esas partidas ó Imperio Cobra!) pero unha futura tira de JMV...

Hai moito tempo que non boto unha partida ó xadrez ou a calquera outro xogo de mesa (¡ai, esas partidas ó Imperio Cobra!) pero unha futura tira de JMV que amosa no seu fotolog fixo que o lembrase:
Bok canta un mate ó xadrez
Eu adoro a Jesús dende que comecei a ler a Gaceta Universitaria, polo que hoxe en día BOK continúa a ser un dos meus personaxes favoritos (aínda merco os recopilatorios que saca Jesús de cando en vez), pero os comics que saca do Señor dos Panchitos e cousas polo estilo non me convencen, pois gusto máis súas tiras.
A diferenza entre tiras e historias é moi grande, e para min Jesús Martínez del Vas é o Jim Davis español, aínda que BOK deberá cumprir moitos anos para ser Garfield. Crucemos os dedos para que o alieníxena universitario máis querido do Estado continúe a dar guerra durante moito tempo.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS