Xa hai anuncios televisivos do iPhone

O domingo pola noite saíron os anuncios do futuro iPhone na televisión norteamericana anunciando o seu lanzamento para o 29 de xuño, e amosando as funcionalidades que ten. Así...

O domingo pola noite saíron os anuncios do futuro iPhone na televisión norteamericana anunciando o seu lanzamento para o 29 de xuño, e amosando as funcionalidades que ten. Así podemos ver o que mellora a reprodución multimedia:
Ou as posibilidades que abre o uso de servizos coma Google Maps dende o móbil:
Aínda que a min pareceume máis alucinante a versión que fixeron uns afeccionados homenaxeando a película 2001: Unha Odisea do Espazo:
De tódolos xeitos, foi Conan O’Brian o que deu unha versión máis realista do que a xente está a agardar do iPhone:
Eu, pola miña banda, agardo que os novos iPod sexan coma o iPhone, pois como teléfono paréceme un ladrillo. Vaia que como smartphone paréceme caralludo (pero prefiro os que inclúen un teclado QWERTY deslizante, coma o Helio Ocean) pero como os móbiles se moven en Europa noutra gama de prezos (¡¿quen carallo paga 600 dólares polo seu móbil?!) creo que hai que agardar a ver os novos iPod (que poderían saír despois do verán) para ver a auténtica revolucion de Apple.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS