iPatch: intimidade para os maqueiros

A xente de Apple incorporou ós seus últimos ordenadores, tanto portátiles coma sobremesa (agás o Mac mini, claro), unha webcam á que chaman iSight, e como hai moitos usuarios...

A xente de Apple incorporou ós seus últimos ordenadores, tanto portátiles coma sobremesa (agás o Mac mini, claro), unha webcam á que chaman iSight, e como hai moitos usuarios paranoicos, un fabricante anuncia o iPatch:
iPatch
Supostamente o iPatch serve para tapar a cámara dos iMac e lanzarán proximamente versións para os MacBook e MacBook Pro, pero eu non sei se estarán en serio porque, ¿quen pagaría 9,99 dólares por algo que se pode facer cun chicle ou con cinta aislante?
Iso si, ¡o iPatch é alta tecnoloxía! O vindeiro seguro que será toda unha innovación da técnica, coma unha funda para o portátil feita de la.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...