Usa protector solar (e escoita Zapping)

Txuri recomendoume por correo electrónico que vise o seguinte vídeo: E a verdade é que o clip está moi ben, ¿verdade? Iso si, ó publicar este vídeo no blogue...

Txuri recomendoume por correo electrónico que vise o seguinte vídeo:

E a verdade é que o clip está moi ben, ¿verdade?

Minnie DriverIso si, ó publicar este vídeo no blogue lembrei que o pasado venres pasei por Radio Coruña a colaborar en Zapping, de xeito que tamén coñecín en persoa á fermosísima Alberta, que coma ben dicía no programa, ten un aire a Minnie Driver.
Tamén coñecín ó técnico de control, Amable Paredes, que se ben é certo que era moi amable, o de Paredes pareceume que non era así, e que o tío é máis de Yumas 😛
Espero poder volver algún día máis pola emisora, e tamén gustaría de que algún día se fixese un directo do programa, para rememorar os vellos tempos do Zapping diario e dos baños de multitudes dos nosos presentadores de radio favoritos. Agardando que chegue o día déixovos coa gravación do programa (grazas a Galiciandreamer):

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS