Música, sexo e condóns

Na Wired falan duns anuncios promocionando o uso do condón, coma o de My Boy Lollipop: A canción mola, pero a verdade é que resultaría incrible que as imaxes...

Na Wired falan duns anuncios promocionando o uso do condón, coma o de My Boy Lollipop:
A canción mola, pero a verdade é que resultaría incrible que as imaxes convencesen a alguén para usar preservativos.

O clip que está mellor feito é o da busca do amor por parte dunha mociña:
Tampouco queda moi clara a promoción do uso dos preservativos, pero a historia está moi ben narrada, e a canción tamén está ben.

Máis sorprendente é que fagan unha versión gai do vídeo:
Pero claro, fan unha versión gai masculina, xa que promover o uso de condóns por parte de lesbianas sería un tanto parvo, ¿non?

En fin, que os vídeos teñen unha animación e unha música que fan que merezan un espazo aquí, aínda que a súa función educativa poida ser discutida.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS