A nova tenda da FNAC xa ten data

Veño de ler na web de Cultura Galega que xa hai data para a inauguración da tenda da FNAC que abrirá na Praza de Lugo en A Coruña: A...

Veño de ler na web de Cultura Galega que xa hai data para a inauguración da tenda da FNAC que abrirá na Praza de Lugo en A Coruña:

Praza de  LugoA cadea de distribución de produtos culturais FNAC abrirá unha tenda na Coruña
O acrónimo FNAC é sinónimo de música, libros, videoxogos, filmes e electrónica para o fogar. Agora, esta multinacional chega ao noso país coa vindeira apertura,o 19 de xuño, dunha tenda de 2.500 metros cadrados na Praza de Lugo, na Coruña. A empresa anuncia que este espazo acollerá tamén presentacións, exposicións e diferentes eventos de carácter cultural.

Teño moita curiosidade por ver se a tenda paga a pena, aínda que supoño que no tocante a CD e DVD non poderá revolucionar moito nun momento nos que as vendas (e a súa rendibilidade) están moi mal (basta ver o que reduciron tales seccións nas tendas de El Corte Inglés).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS