¡¿Air sex?!

Hai uns meses comezou a facerse popular iso do air guitar coma se fose algo serio, cando todos sabemos que non é máis que a chorrada que facemos algúns...

Hai uns meses comezou a facerse popular iso do air guitar coma se fose algo serio, cando todos sabemos que non é máis que a chorrada que facemos algúns en vez de bailar cando sona música moi cañeira, e incluso chegaron a facer un campionato mundial:

Tamén apareceron virtuosos na material que nos deixaron flipados con vídeos coma o seguinte:

Pero agora, a uns que se queren pasar de frikis déuselles por inventar unha nova práctica coa mesma filosofía, o air sex, que consistiría en practicar o sexo cunha parella imaxinaria, e que tamén conta con xaponeses trallados coma seguidores:

O peor de todo é que esta tolería, que non sorprendería se quedase en oriente, está a contaxiarse polo resto do globo, e xa hai un grupo de taladrados que se dá en chamar Peer Pressure e que parece querer inmortalizarse facendo o conas en YouTube. Velaquí a súa presentación:

Iso si, o vídeo anterior só é un adianto do que realmente fan estes rapaces, pois chegan a recrear auténticas coreografías musicais:

Si, si… definitivamente ¡HAI XENTE PARA TODO!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS