iPod shuffle de garrafón

A xente de Trebellos adiantóuseme a falar do último produto que están a vender en Alcampo, pois se trata de copias descaradas dos reprodutores iPod shuffle de Apple, aínda...

reprodutores piratas en AlcampoA xente de Trebellos adiantóuseme a falar do último produto que están a vender en Alcampo, pois se trata de copias descaradas dos reprodutores iPod shuffle de Apple, aínda que teñen certas diferenzas máis que notables:

  • O prezo: o reprodutor de Apple custa 79 euros e o pirata só 29,90 euros.
  • O sistema de conexión: o shuffle precisa dunha base USB para conectar co PC mentres que no caso da versión pirata chega cun simple cable
  • O modo de reprodución: o shuffle funciona en modo continuo ou aleatorio, mentres que a versión cutre só conta coa reprodución continua
  • A batería: a autonomía do shuffle é dunhas 12 horas, mentres que a versión bastarda dura a metade
  • O botón de play: o botón central do reprodutor de Apple está coloreado a xogo coa carcasa
  • Os formatos: ambos soportan MP3, pero logo o pirata pilla WMA (formato de Microsoft) mentres que o legal pilla AAC (formato de Apple)
  • O software: o reprodutor de Apple sincroniza a música mediante iTunes mentres que o que venden en Alcampo funciona directamente coma unidade de disco externa
  • Os conmutadores inferiores: os dous reprodutores teñen dous conmutadores inferiores dos que un serve para acender e apagar o dispositivo, mentres que o outro serve para conmutar o modo de reprodución ou bloquear os botóns de control segundo falemos do chisme de Apple ou do perralleiro

Visto o visto agora habería que preguntar: ¿qué reprodutor é mellor? Está claro que o de Apple está máis coidado e ten un acabado moito máis profesional, pero se non miramos a calidade do produto, senón só as funcionalidades, teremos que Apple gaña principalmente no apartado da autonomía, mentres que a copia que venden en Alcampo podería ser máis práctica para moitos usuarios que, entre outras cousas, pagarían menos da metade polos artiluxio, o que lles permitiría tratalo con menos coidado. Ou sexa, que é unha boa compra para os que queiran levar o reprodutor mentres van en bici ou no ximnasio, pois 30 euros asustan menos que 79 á hora de tratar o reprodutor a paos.
O que xa me parece alarmante é que o reprodutor de marras se venda nunha tenda europea, xa que se trata claramente dun produto pirateado que se vería con máis normalidade nos mercadiños ou nas poxas de Internet.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...