Free Cachuli

Berto conta en Chuza! que hai un fotolog dedicado a Cachuli con bo humor, algo que se agradece despois do pantojismo que invade os nosos televisores nos últimos días...

Berto conta en Chuza! que hai un fotolog dedicado a Cachuli con bo humor, algo que se agradece despois do pantojismo que invade os nosos televisores nos últimos días (aínda que eu admito que cambio de canle en canto vexo calquera indicio de que aparecerán na pantalla Cachuli, Paquirrín ou a nai que o pariu).
O fotolog incluso apareceu no programa Gente:
Dende o fotolog incluso distribúen chapas co eslogan de Free Cachuli:
Chapas de Free Cachuli
Dende Free Cachuli publican moitas coñas, nas que parodian a películas moi coñecidas, sendo a miña ilustración favorita a que fai mención ó Imperio Contraataca:
Paquirrín yo soy tu padre
Ai… polo menos puiden botar unhas risas a conta da Operación Malaya.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS