O meu derradeiro Faladoiro

O pasado venres Correo TV emitiu un debate conducido por Susana López que contou coa presenza de José María Álvarez Vilabrille (AGN), Arturo Maneiro (CRTVG), Arturo Larena (EFE) e...

O pasado venres Correo TV emitiu un debate conducido por Susana López que contou coa presenza de José María Álvarez Vilabrille (AGN), Arturo Maneiro (CRTVG), Arturo Larena (EFE) e José Antonio Pérez (El Correo Gallego) e que é o último que realizo, xa que veño de deixar o meu traballo na canle televisiva do Correo Galego. Curiosamente os temas tratados en tal debate coincidiron en boa medida cos de Al final del día (RadioVoz) no que tamén participaba Arturo Maneiro.
Aquí queda o programa para o recordo:

Os que tedes falado comigo nos últimos meses saberedes por qué deixo a televisión do Correo, pois non é algo do que guste falar publicamente, aínda que tamén se pode ilustrar de xeito doado:
Logo modificado de Correo TV

Neste mesmo momento estou moi relaxado (¡ata puiden ir ao cine o venres pola noite!) e en breve volverei ao rego, ou sexa, a escribir regularmente en Código Cero e a participar en distintos foros que tiña abandoados por falta de tempo.
Dende aquí unha aperta a toda a xente que coñecín nestes últimos meses, e moita sorte a tódolos amigos que deixo currando na rúa do Preguntoiro.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS