Son un galego global

O outro día comentábamos o proxecto de MapMyName, pero agora teño que incidir no feito de que xa ten unha réplica galega, Galicia Global, que co seu apartado de...

O outro día comentábamos o proxecto de MapMyName, pero agora teño que incidir no feito de que xa ten unha réplica galega, Galicia Global, que co seu apartado de Galegos Globais quere censar ós internautas galegos para facilitar a súa comunicación.
Galegos no mundo
A campaña, que marca o noso lugar no mundo, dura do 1 ó 17 de maio, sendo esta última data o Día das Letras Galegas e o Día da Internet (¡coincidencia!). Para a ocasión habería que artellar algunha cousa, pero supoño que como se trata dun día festivo todo quedará en montar algunha comellada entre amigos ou deitarse no sofá a ver a televisión 🙁

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS