Ansias por mercar

“De todos es sabido” que hai moita xente que case vive para ir de compras, polo que cando vexo a campaña publicitaria de Market Mall na que están a...

De todos es sabido” que hai moita xente que case vive para ir de compras, polo que cando vexo a campaña publicitaria de Market Mall na que están a incitar ó consumo suxerindo que se busque unha razón para ir de tendas non podo facer máis que botar unhas risas (aínda que admito que me dá certo repelús ver as imaxes):
Viño na roupa
Desfiar un xersei
Iso lévame a pensar: ¿Canta xente precisa dunha escusa para mercar algo? ¿Por qué hai que agardar a que unha cousa se escaralle para mercar unha nova (¿falsa conciencia?)? ¿Non vai sendo hora de admitir que somos uns consumistas do carallo?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS