Mataron ó Capitán América

Ai, ¡os de Marvel non saben qué facer para dar a nota! Primeiro fan que Peter Parker desvele que é Spider-Man para comezar a saga Civil War e rematan...

Ai, ¡os de Marvel non saben qué facer para dar a nota! Primeiro fan que Peter Parker desvele que é Spider-Man para comezar a saga Civil War e rematan o conto matando ó Capitán América.
asasinan ó Capitán América¡Menuda nova! De seguro que moitos van chorar porque Steve Rodgers morra igual que John Fitzgerald Kennedy, pero sospeito que a meirande parte dos lectores de comics non se van a inmutar porque, ¿canto pode permanecer un superheroe morto? Lembremos que o propio Superman morreu hai uns anos e de feito, na actual saga de Crisis Infinita o noso prezado Batman lle bota en cara ó kriptoniano que a última vez na que inspirou a alguén foi cando morreu (e non lle falta razón).
Parece que este tipo de xogadas son as únicas que fan que os comics cheguen ó grande público ou, cando menos, ós informativos televisivos, de xeito que Superman tivo que morrer, casar e cambiar de traxe para chupar cámara, e agora tocaranos adiviñar cómo van resucitar ó superheroe que viste a bandeira americana. Agardemos que non empreguen un argumento semellante ó da resurrección da tía May…

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS