¿A Infanta incógnita?

Esta mañá escoitei na radio cómo comentaban a seguinte nova de El Periódico de Cataluña: A coña da mesma está no feito de que un dos participantes considerou que...

Esta mañá escoitei na radio cómo comentaban a seguinte nova de El Periódico de Cataluña:
A Infanta Cristina en El Periódico
A coña da mesma está no feito de que un dos participantes considerou que o titular era errado porque falaba de que a Infanta Cristina asistía a un evento de incógnito e non levaba bigote postizo nin nada semellante. Consideraba que o xornalista pretendía dicir de improvisto e a cousa facía bastante graza (por imaxinar á Infanta cunha gabardina e as típicas gafas con nariz e bigote) pero cando fun a consultar o asunto no diccionario da RAE atopei algo que me sorprendeu, pois resulta que incógnito tamén significa “situación de un personaje público que actúa como persona privada“, ou sexa, que é algo así coma ir de paisano.
Mirade por onde, unha coña na radio me serviu para aprender algo 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS