11 anos de Vieiros

Para os que a entrada de Galicia na Internet e Vieiros sexan sinónimos datas como a do pasado sábado, na que o Barrio Galego na Internet facía 11 anos,...

Para os que a entrada de Galicia na Internet e Vieiros sexan sinónimos datas como a do pasado sábado, na que o Barrio Galego na Internet facía 11 anos, resultan momentos moi interesantes para a reflexión. Facemos así contas do moito que se ten andado na Internet… e do que queda por andar…
Agora, en Vieiros están a preparar a remodelación da súa web para adaptarse ás novas tendenzas:
Versión de proba da nova web de Vieiros
A nova imaxe de Vieiros achégase á doutros medios, dándolle máis pulo ós gráficos e facendo máis doada a intervención dos usuarios, de xeito que poderiamos dicir que se trata dun cambio a mellor. Coido que aproveitarán a celebración do seu aniversario para lanzar a nova imaxe da web, así que, ¡parabéns por ámbolas dúas bandas!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS