Melide vs Arzúa: primeiro sangue para Melide

No traballo teño a desgraza de contar cun compañeiro pataconeiro (non todo o mundo pode ser de boa terra), e cando lle estaba botando en cara que a súa...

No traballo teño a desgraza de contar cun compañeiro pataconeiro (non todo o mundo pode ser de boa terra), e cando lle estaba botando en cara que a súa vila era unha merda, púxose a dicir que Melide non era máis grande que Arzúa, ó que tiven que responder que tiñamos uns 1.200 habitantes máis (segundo a Galipedia, Melide contaba en 2004 con 7.804 hab. mentres que Arzúa só tiña 6.632). Tamén argumentei que eles non tiñan nin por onde ir a tomar unhas copas pola noite, e este argumento parece que vén de reforzarse o pasado sábado pola noite, no programa da TVG coñecido coma Son de Estrelas:

Na casa pillamos o devandito programa comezado (estabamos a facer zapping) e cando vimos que saía Melide na tele, paramos de zappear, e de súpeto vemos como a mociña que alí saía espeta iso de “hola, son Cristina, veño de Arzúa“… ¡Me cagho en ros! ¡Alporizámonos todos! ¡Se Arzúa está fóra da Terra de Melide! Estabamos indignadísimos, pero a camareira pataconeira arranxou o conto cando engadiu que “Melide é un pobo bastante diferente a Arzúa, é como máis… como que ten máis sangue, ¿sabes? Arzúa é un pobo máis ben apagado. Arzúa é máis… Melide ten… ¡¿eu qué sei?! ¡Máis vital! Tanto no vrao como… ¡¿eu qué sei?! Eu quero ir tomar algo e tal e atópome mellor en Melide que en Arzúa“. Esa declaración fíxonos berrar e aplaudir na casa.

Un par de cousas quedan claras:
-A representante da Terra de Melide vai ter problemas para pasear polas rúas de Arzúa
-A camareira arzuana non vai ter problemas en Melide, e case aseguraría que polas noites non lle van deixar pagar nin unha copa.

Se o tradicional enfrontamento entre Melide e Arzúa fose un combate con espadas, está claro que o primeiro sangue sería para Melide 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS