Edilberto Alonso lembra a Cela no cabodano do seu pasamento

O 17 de xaneiro de 2002, o trobador curtiense Edilberto Alonso conectouse á Rede para ver na web da Voz a nova do pasamento de Camilo José Cela, o...

Camilo José CelaO 17 de xaneiro de 2002, o trobador curtiense Edilberto Alonso conectouse á Rede para ver na web da Voz a nova do pasamento de Camilo José Cela, o que afectou á sensibilidade de Edilberto, inspirándolle unha canción, Las campanas de Iria Flavia dedicada ó autor de Mazurca para dos muertos.
Esta sería unha das primeiras composicións do noso benquerido Edilberto Alonso, que se introduciu na lírica provenzal cun planh (cántico trobadoresco a xeito de lamento, típico nos funerais).
Ademais, Edilberto Alonso tamén contactou con Camilo José Cela Conde para consultar se o tema da composición era do seu agrado (acadando o seu prace, e desexando éxito ó trobador galego máis popular da Internet). Aquelas datas tamén foron as que levaron a unha especial entrega do programa Encontros da TVG (dirixido por Pemón Bouzas) onde Chefi Vázquez presentou a Edilberto anunciando a parte lírica da canción, que finalmente se puido ver interpretada no interior dunha choza celta no documental Europeos: Destinos cruzados dirixido por Senén Bernárdez.
Para os que non puidemos ver tal impagable documento audiovisual, Edilberto agasállanos cunha versión renovada da canción (con referenzas a eventos coma o falecemento de Rosario Conde) que finalmente puido gravar:

ACTUALIZACIÓN: Na canle cultural de Vieiros falan sobre o novo tema de Edilberto.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS