¿Bollywood melidense?

O director Prem e o produtor Ashwini Ramprasad están a traballar xuntos nunha nova película made in Bollywood cun título que viría a significar algo así como “¿Por qué...

O director Prem e o produtor Ashwini Ramprasad están a traballar xuntos nunha nova película made in Bollywood cun título que viría a significar algo así como “¿Por qué hai amor na Terra?” pero que na India coñecen coma “Preethi Yeke Bhoomi Melide?“.
Preethi Yeke Bhoomi Melide
A película contará coa presenza da espectacular Mallika Sherawat a quen xa puidemos ver con Jackie Chan en El Mito (San Wa):

Mallika Sherawat durante a rodaxe de Preethi Yeke Bhoomi MelideParece ser que a película se estrerá o vindeiro 14 de febreiro, e aínda que non son un seguidor deste tipo de cine, supoño que ó ter Melide no título terei que botarlle un ollo, aínda que só sexa pola tremenda bailarina que moverá o seu corpo ó ritmo de cancións de artistas coma Himesh Reshammiya e música de R. P. Patnayak.

Para quen queira ver se a rapaciña paga a pena, que vexa o videoclip Bheege Hont Tere da película Murder (estreada en 2004, e que curiosamente se atopa enteira en YouTube dividida en 22 clips):

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS