A moza da Wii

Algunhas tendas tolean un pouco ó vender non só chaveiros e camisolas… ¡senón mesmo pololos! coas marcas das empresas de videoxogos: Pero o máis flipante é que hai que...

Algunhas tendas tolean un pouco ó vender non só chaveiros e camisolas… ¡senón mesmo pololos! coas marcas das empresas de videoxogos:
Nintendo combo
Pero o máis flipante é que hai que compra e usa esas cousas, e como proba, unha mociña xogando coa súa nova Wii:
Afeccionada á Nintendo
A moza estase a facer moi famosa na Internet, e xa hai que pide unha versión masculina da fotografía, aínda que por min poden aforrala.
Ademais, na mesma liña (segundo comenta a Tecnochica) tamén hai unhas blusas moi interesantes promovendo o navegador Firefox:
Firefoxie
Aínda que neste último caso a rapariga tería que saber soportar alcumes coma firefoxie, que poderían levar a máis dunha lea.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS