¿Qué pasa co Zune?

e a defender ó iPod con unllas e dentes. Coido que nin Microsoft merece a maña prensa e moitos menos Apple merece que lle fagan a pelota (lembremos que...

e a defender ó iPod con unllas e dentes. Coido que nin Microsoft merece a maña prensa e moitos menos Apple merece que lle fagan a pelota (lembremos que é unha empresa que mantén unha plataforma propietaria, ó máis puro estilo de Sony, só que van con aires cool). Agora ben, cando falamos de cifras, a polémica tampouco para, e así, tanto hai que fala de fracaso como de éxito de vendas do Zune, aínda que ambas opinións se basean nun artigo de CNN Money que só vén a constatar o feito de que o Zune non fracasou e pode triunfar, pero que hai que agardar.
Así, dicir que o Zune funciona ben ou mal no mercado é moi precipitado. Non esquezamos que polo momento só se vende nos EE.UU., país onde o iPod ten case monopolizado o mercado (o que non ten nada que ver co panorama europeo) de xeito que o lanzamento internacional do reprodutor de Microsoft tanto podería encumbralo como sumilo no esquecemento.
Pareceume moi atinado o que comentan en Abadía Digital, que é iso de que todo dios fala mal de Windows e do Office, pero logo non hai que se apee da burra, e seguen a ser o sistema operativo máis usado e a suite ofimática por excelencia, pese a que existen alternativas de balde.
Non neguemos que o Zune está a ter malísima prensa, que non parece nada merecida (iso de que unha presentadora amose o seu iPod shuffle cando falan do Zune non me parece nada serio e incluso dá a entender que alguén lles está a pagar para boicotear o reprodutor de Microsoft).
Agora ben, se miramos a listaxe dos reprodutores de MP3 con disco duro máis vendidos de Amazon podemos realizar distintas elucubracións:
Reprodutores de MP3 con disco duro en Amazon
Si, está claro, o iPod arrasa nos EE.UU., pero, ¿responde a algunha lóxica? Eu coido que é só cousa de márketing, porque podemos ver claramente na listaxe na que se cola o Zune que o Creative Zen Vision:M ten as mesmas prestacións que o iPod e un prezo inferior, polo que non se entende o seu resultado en vendas. ¿Gustan os americanos de tirar os cartos?
E esta última dúbida non a lanzo por nada. Pois se vemos a listaxe dos reprodutores portátiles con soporte de vídeo na tenda de Amazon en Francia vemos que o Creative Zen V arrasa, por ter moi boas prestacións a baixo prezo, seguido polo Creative Zen Vision:M, aparecendo produtos de Philips e Archos antes que o iPod Video que no momento de escribir estas liñas estaba ¡no posto 18!
Con estes datos coido que estou en condicións de afirmar que nos deixamos influír demasiado polo mercado norteamericano á hora de crear opinión, pero que na realidade somos moito máis pragmáticos, e cando hai que rascar o peto mercados os reprodutores con mellor relación calidade/prezo. Así incluso podería afirmar que coma o Zune no sexa máis barato en Europa que o iPod o vai ter complicado, porque terá que loitar con moitos outros reprodutores coma os de Creative ou mesmo a morea de marcas barateiras coma Differo, Inovix, I-Joy ou Blu:sens (que custan menos da metade que os modelos pijos).

De tódolos xeitos, quen queira seguir a apostar polo iPod, que aproveite que os de Apple están de rebaixas durante o 1 de decembro (coido que de 9 da mañá a 10 da noite), para que a xente anticipe as compras de Nadal, e agasalle tecnoloxía.
ACTUALIZACIÓN: Vaia, descontan entre 11 e 21 euros nos iPod nano, entre 21 e 31 euros nos iPod Video e 101 euros nos ordenadores. ¡Non está mal o conto!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...