Muebles Rey e a monarquía

En A Coruña coñecemos moi ben as promocións de Muebles Rey, que tiñan coma protagonista perenne a Bertín Osborne (CORRECCIÓN: Bertín participaba nas promoción de Moblerone, coma ben indicou...

En A Coruña coñecemos moi ben as promocións de Muebles Rey, que tiñan coma protagonista perenne a Bertín Osborne (CORRECCIÓN: Bertín participaba nas promoción de Moblerone, coma ben indicou o noso benquerido Bart), pero que máis adiante o cambiaron por David Civera, Antonio Dell’Ate e, especialmente, ás Supremas de Móstoles:
Rebaixas Supremas
O cartel das Supremas non valía nada, pero o jingle radiofónico era caralludo, coas mociñas cantando “Ven a las Supremas, ven a las Supremas, ven a las Supremas… las rebajas Muebles Rey… (..) ven a las rebajas, las rebajas Muebles Rey“. Aínda o teño gravado a ferro na memoria 😛

Pero estes anuncios van quedar no pasado, e a xente posiblemente lembre máis a última campaña protagonizada por Esther Mur, muller coñecida por ter un certo parecido a Letizia Ortiz, e que aparece agora coma unha posible campaña republicana segundo Blas García:
Aprovéchate del Rey
A campaña incluso conta cun vídeo:
Ver spot ▼

Pero vese que a quen lle saíu redondo o asunto é á tal Mur, que vive do conto, e agora sae nos programas do corazón coma se fose unha famosa de primeira fila. Agora só falta que apareza un doble de Felipe de Borbón, se enrolle coa Mur e logo vendan a exclusiva do nacemento das súas fillas… porque teñen que ter fillas, ¡para que non haxa que cambiar as revistas do corazón!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS