¿Mac ou PC?

Decididamente alguén meteu a pata ó facer uns anuncios televisivos nos que comparan os ordenadores Mac cos PC. Amoso aquí unha selección dos mesmos: O PC comeza conxelándose: O...

Decididamente alguén meteu a pata ó facer uns anuncios televisivos nos que comparan os ordenadores Mac cos PC. Amoso aquí unha selección dos mesmos:

  • O PC comeza conxelándose:
  • O PC ten que comprar o paquete de aplicacións iLife coa ¿calculadora?:
  • O PC ten que recoñecer un traballo ben feito por un Mac:
  • O Mac farda de compatibilidade de hardware (?):
  • Apostan polo atractivo sexual para promover o Mac:
  • E, finalmente, fan burla do PC porque os seus cables non contan con suxección magnética para evitar accidentes cos cables, o que parece bastante cruel:

Así, pois, ¿qué sacamos de toda esta campaña? Pois que o fulano que fai do Mac vai de sobrao e resulta moi antipático, mentres que o que fai de PC resulta simpático, e vén a ser unha especie de Peter Griffin en carne e oso. Ou sexa, que a campaña saiulles coma o carallo.

Ademais, moitos dos argumentos do Mac se poderían desmontar de xeito doado. ¿Dende cando o Mac é compatible con máis hardware que o PC? ¿Dende cando o Mac ten máis aplicacións informáticas? ¿Un traballo feito dende un ordenador ou outro ten calidade segundo o hardware utilizado ou a calidade depende da habilidade do usuario? Vaia, que ó final o argumento que realmente poden manter no Mac é o da suxección magnética dos cables… e eu non coñezo a ninguén que tivera accidentes por mor dos cables cun PC…
Polo menos a campaña inspirou unha montaxe cunha canción de Fergie:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS