O PuntoGal na Galega

Onte pola noite no programa Rec Cámara da Galega púidose ver unha reportaxe sobre a iniciativa levada a cabo pola Asociación PuntoGal para a consecución dun dominio galego na...

Onte pola noite no programa Rec Cámara da Galega púidose ver unha reportaxe sobre a iniciativa levada a cabo pola Asociación PuntoGal para a consecución dun dominio galego na Internet:
O vídeo ten pouca calidade (especialmente de son) por culpa de que está sacado da sección de televisión á carta da web da TVG e non directamente da emisión, pois os do programa esquecéronse de avisarme da emisión do programa e non o puiden gravar. Curiosamente entereime de que saíra pola tele por unha chamada da miña tía Fina, e polos comentarios que me fixeron pola rúa en Melide, coincidindo todos no detalle de que me viran e que non sabían de qué estaba a falar. Nótase que a Internet aínda é algo afastado da meirande parte da poboación galega.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS