¿Suxeitador ou bolsa?

Se hai cousa dun ano os xaponeses nos sorprendían cun suxeitador que tiña xel no seu interior para que se puidese quentar no microondas para que as mociñas puidesen...

Shopping Bag BraSe hai cousa dun ano os xaponeses nos sorprendían cun suxeitador que tiña xel no seu interior para que se puidese quentar no microondas para que as mociñas puidesen ir abrigadas nas noites de frío, agora non queren sorprender cun suxeitador transformable en bolsa da compra.
Non acabo de entender o interese de Triumph por fabricar tal prenda de vestir, pero supoño que será para saír nas revistas e en algún que outro informativo televisivo, o que supón publicidade gratuíta (que sempre vén ben) pois dubido moito que as mozas xaponesas non teñan cartos dabondo para mercar unha bolsa para ir o mercado e teñan que empregar o suxeitador para cargar cos melóns 😉
Para os que non vexan claro cómo funciona o suxeitador en cuestión, velaquí os pasos da súa transformación:
De suxeitador a bolsa
Si, resulta máis sorprendente que cando Optimus Prime se transforma nunha cabeza tractora dun trailer.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS