Apple… ¡coidadiño!

A tecnoloxía de Apple na reprodución multimedia pese a non ser a mellor do mercado si impuxo os iPod, pero Microsoft entra este mes na competición co seu Zune...

A tecnoloxía de Apple na reprodución multimedia pese a non ser a mellor do mercado si impuxo os iPod, pero Microsoft entra este mes na competición co seu Zune e coido que vai ser un rival de peso, especialmente tras ver uns vídeos sobre o funcionamento do cacharro. Vemos por exemplo que compartir cancións a través de Wi-Fi e doado e rápido:
E tamén podemos comprobar que a interface de usuarios vai fostiada, tanto na navegación como na reprodución, de xeito que cando tes moitas cousas gardadas son doadas de atopar, o que é moi de agradecer:
Os de Gizmodo fixeron un bo traballo evanxelizador con estes dous vídeos, que seguro que farán que máis de un o pense antes de mercar un reprodutor multimedia de alta capacidade (non esquezamos que a pantalla tamén é media polgada máis grande que a de Apple).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS