Condóns Pronto: ¿para botar un rapidiño?

Os avances tecnolóxicos cada día se aplican ás cousas menos agardadas, e así agora nos sorprenden na Rede cun condón con aplicador, que permite pórse só nun segundo (como...

Os avances tecnolóxicos cada día se aplican ás cousas menos agardadas, e así agora nos sorprenden na Rede cun condón con aplicador, que permite pórse só nun segundo (como se pode ver nun vídeo).

Ver vídeo ▼

Pronto CondomsOs condóns son da marca PRONTO, o que pode sorprender a moitos, pero hai que ter en conta que a palabra pronto está incorporada ó vocabulario inglés, e alí tampouco creo que coñecan o famoso eslogan de “Pronto cambia el polvo por brillo“, porque de ser así algún ía escachar coa risa (sería como sacar unhas pastillas para adelgazar da marca Fairy).
Os novos condóns van a comezar a venderse en Sudáfrica para primeiros de 2007, pero apostaría que van chegar ó resto do mundo moi pronto, posto que terían unha comercialización moi doada (non paran de sacar cousas neste sector) sempre que fosen vendidos de xeito normal, porque como o fagan na teletenda das 3 da madrugada… ¡o anuncio sería unha risa!
Ver demostración do funcionamento ▼

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS