Losantos podería pasar da radio á televisión

Que Iñaki Gabilondo non soubese saltar afortunadamente da radio á televisión non quere dicir que outras figuras das ondas non queiran probar sorte, especialmente cando teñen que marchar pola...

Que Iñaki Gabilondo non soubese saltar afortunadamente da radio á televisión non quere dicir que outras figuras das ondas non queiran probar sorte, especialmente cando teñen que marchar pola porta de atrás. Así, a revista cristiá 21RS xa ten un titular lapidario coma “La presencia de Losantos en la COPE tiene fecha de caducidad” no que parece un rumor bastante ben fundado:

Jimenez Losantos“Se iría el próximo mes de junio, cuando finaliza su contrato. No quieren despedirlo antes para no crearse un “enemigo” de los de armas tomar.

En la caída de la estrella de La mañana ha tenido mucho que ver la Casa Real, la Secretaría de Estado del vaticano y una parte numerosísima de obispos que no “aguantan” ni su lenguaje descalificador ni su tono enfebrecido.”

Segundo parece a COPE tamén se faría coa figura de José María García, polo que cambiaría a unha estrela por outra, pero pasando a darlle protagonismo ós deportes en vez de á política (supoño que será un xeito de reter ós anunciantes) porque dubido moito que Cristina López Schlichting sexa capaz de reter a audiencia de Losantos nas mañás da COPE, pero o interesante do asunto é que no reparto de licenzas de TDT na Comunidade de Madrid quedou moi ben situada Libertad Digital TV, polo que o chamado talibán radiofónico podería pasar á televisión en poucos meses, tras rematar a tempada na COPE. Deste xeito, tamén podemos asegurar que Libertad Digital TV tería certos programas de tertulia nos que as polémicas poderían atraer moita audiencia, que é o que parece ser o único que se busca na televisión actual. Iso si, seguro que non lle fai moita graza á xente de Telemadrid, que verá como lle desaparecen os poucos seguidores que ten na actualidade para seguir unha televisión aínda máis á dereita que eles.
¿Será Losantos a nova estrela da televisión? Non sei se terá moitos seguidores en directo, pero apostaría a que vai saír tódalas semanas nos programas de zapping televisivo.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS