A vindeira modelo porno

Ver contracarátula ▼ Flipo, de verdade. O mundo do porno non deixa de sorprenderme. Non só sacan parodias de películas que che fan escachar coa risa con títulos como...
Caratula do DVD de America's Next Top Porn Model
Ver contracarátula ▼

Flipo, de verdade. O mundo do porno non deixa de sorprenderme. Non só sacan parodias de películas que che fan escachar coa risa con títulos como La casa de las bragas voladoras, Pollémon, Penetrator ou mesmo Street Fucker II, senón que agora tamén parodian concursos da televisión. Tócalle así ó turno ó America’s Next Top Model, que para quen non o coñeza, e a versión americana do Supermodelo 2006 que presenta en Cuatro a ex-modelo Judit Mascó, só que na versión americana é Tyra Banks (a que facía de moza de Will Smith en varios episodios do Príncipe de Bel-Air) a que leva o programa.
Pois os norteamericanos non se cortaron un pelo e sacaron unha versión porno da peli en DVD, pero lle chaman á protagonista Tyra Banxxx, ou sexa, que se fixeran algo semellante en España terían que pór de protagonista a Judit Mascoño ou algunha outra coña ó estilo de Austin Powers (lembremos a Olora Vagina ou a Marría Umpajote).
Pero, ¿por qué comento esta tontería de película porno por aquí? Pois porque creo que é un bo referente de cómo industrias como a do lecer adulto están máis adaptadas ós novos tempos que as industrias musical e discográfica. ¿Por qué digo isto? Pois porque os das discográficas estiveron encirrando contra o P2P durante anos retrasando que cousas coma iTunes se fixeran realidade, e as produtoras de cine fixeron o propio e actualmente só venden películas para a súa descarga Amazon, iTunes e catro gatos máis, pero a xente do porno está moito máis ó día, e así, a peli esa da Porn Model se pode mercar en DVD, en streaming (para vela en directo a través da Rede) e en varios formatos de descarga (XviD para o PC e logo versións adaptadas á PSP e ó iPod). Tampouco se cortan en pór trailers en todos estes formatos (e mesmo en Flash) para que a xente saiba o que vai mercar.
¿Cando tomarán exemplo o resto de industrias? Non sei se a peli da modelo porno estará ben, pero o que si aprobo é que teñan un modelo de negocio dinámico, cousa que outros non saben ver. Hoxe segue a ser imposible mercar películas en español para a súa descarga, como tamén pasa coas series de televisión, así que se a xente logo turra do eMule e do BitTorrent, ¿de qué se queixan?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS