Hai Debate promete estar ben

O programa de Hai Debate desta noite (ás 23:30 horas) parece que vai estar ben: Queremos empresas galegas ou empresas que invertan en Galicia? Ten “nacionalidade” o capital? O...

O programa de Hai Debate desta noite (ás 23:30 horas) parece que vai estar ben:

Queremos empresas galegas ou empresas que invertan en Galicia? Ten “nacionalidade” o capital? O proceso de deslocalización de industrias de orixe galega como Calvo e Fadesa –así como o seu presente e o seu futuro- serán o tema central do espazo de actualidade “Hai Debate!”, nunha nova entrega, moderada pola xornalista ferrolá Ana Rodríguez, que emitirá a Galega esta noite, ás 23.25 horas.
No primeiro tramo do espazo, o conselleiro de Industria e Innovación, Fernando Blanco, explicará a filosofía e os pasos que está a dar a Xunta con relación a estes dous procesos e, en xeral, porá sobre a mesa o papel que neste contexto de economía global debe xogar a Administración Autonómica. Será confrontado coas demandas de Antonio Fontenla, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, e Javier Riera, director xeral de Citroën.
A política de subvencións, o estado da investigación e da innovación, a galeguidade dos recursos naturais e a nacionalidade das empresas que producen riqueza en Galicia serán os eixes deste “Hai Debate!”. Para analizar estes temas, no plató 5 da televisión pública de Galicia, estarán presentes os parlamentarios Abel Losada (PSdeG-PSOE), Bieito Lobeira (BNG) e Henrique López Veiga (PPdeG). Completan a mesa de debate os xornalistas Xosé Manuel Pereiro (TVG), Luís Villamor (La Voz de Galicia) e José Luís Jiménez (ABC).
Debe saír a materia de relixión dos colexios ou os pais católicos deben ter garantido o dereito a que os seus fillos reciban clase de Relixión? “Hai Debate!” rematará cun cara a cara, sobre este asunto entre Carlos Etchevarría, representante da asociación Europa Laica, e Cristina Bravo, representante do Foro Galego da Familia.

A verdade é que finalmente tratan un tema de interese xeral, que non afecta so ós políticos, pero non sei se falarán francamente do asunto o se quedarán nas posturas máis políticamente correctas. Iso si, coido que na redacción da sinopse do programa, pois falan de inverter en Galicia e, ¿inverter non é pór do revés? ¿Non deberían falar de investir?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS