O hentai volve a La Sexta

Vaia, vese que ó final os directivos de La Sexta se decataron de que era un erro a eliminación do programa de anime erótico como anunciaron nos seus informativos:...

Vaia, vese que ó final os directivos de La Sexta se decataron de que era un erro a eliminación do programa de anime erótico como anunciaron nos seus informativos:
Supoño que algún responsable alertaría da altísima audiencia do programa (dentro dos parámetros de La Sexta) polo que eliminar un contido porque molestaba a unha asociación parece er un erro comercial. Vese que La Sexta non quere seguir os pasos de Telemadrid (que suprimira Dragonball e Shin Chan) e prefire sacar proveito dunha das súas emisións máis exitosas, que acaba de acadar así unha certa publicidade.
O vindeiro venres volve á pequena pantalla o espazo erótico no que supoño que será unha boa nova para os seus seguidores, e unha pulla para as asociacións que loitan contra a emisión de contidos eróticos a altas horas da madrugada.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS