Nova web da CRTVG

Como viñan anunciando, o cambio da imaxe da Galega está aquí, e xa se nota (non sen tempo) na súa web (mentres a de agalega.es continúa a ser unha...

Como viñan anunciando, o cambio da imaxe da Galega está aquí, e xa se nota (non sen tempo) na súa web (mentres a de agalega.es continúa a ser unha merda pinchada nun pau):
Nova web da CRTVG
A web mellorou moito, pero conta agora con moitas opcións novas que aínda non teñen contidos, como as radios galegas musicais ou a sección de blogs. Ademais, ó pinchar nalgunhas opcións aparecen erros coma:

Microsoft OLE DB Provider for ODBC Drivers error ‘80040e4d’

[Microsoft][Controlador ODBC Microsoft Access] Demasiadas tareas de cliente.

D:INETPUBWWWROOTRG../funcions.asp, line 74

Non é moi grave ter un error de saturación dunha base de datos, pero que a CRTVG empregue para a súa web unha base de datos en Access paréceme brutal. ¿Quen foi o animal que deseñou iso? Supoño que sería alguén que non coñece as limitacións de Access, nin sabe que o Access se pode empregar só coma cliente dunha base de datos decente.

Finalmente tamén agocharon na sección de Comunidade todo ese fato de cousas que non pintan nada na web da CRTVG e comezaron un servizo digno de aplauso: Televisión á Carta.
Agora se poden seguir programas dos últimos días, incluíndo tódolos informativos, o que agradecerán especialmente os galegos na emigración. Tamén inclúen algún magazine, aínda que non sei cales serán os que irán incorporando no futuro (¡pois hoxe incluso suben os programa de Luar!).

Na programación de hoxe confirmo que esta noite non botan Hai Debate pero coido que vai sendo hora que lle transmitan ben a programación á xente de La Guía TV, porque non paran de anunciar un programa que non se bota. ¿Tardarán moito en volver os dous programas de debate que había antes do verán?

Non quero rematar este texto sen recomendar ler o que publican en A peli do día sobre os supostos cambios da TVG.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS