A Galega xa está aquí

Modesto informa na súa web de que esta mañá a mosca da TVG xa non está presente e vese a de A Galega, ou sexa, que despois de máis...

Nova mosca na GalegaModesto informa na súa web de que esta mañá a mosca da TVG xa non está presente e vese a de A Galega, ou sexa, que despois de máis dun mes dando a tabarra co de “a galega, mira… e verás” vese que o único que fixeron foi volver á programación de antes do verán e cambiar a mosca.
Dende a web da TVG só poñen banners á nova páxina de A Galega que segue tan baleira coma sempre (ou sexa, cunha animación en Flash arrepiante e que non serve para nada, agás para pór dos nervios os seus visitantes cun son repetitivo e molesto.
Si, chegou a renovación á TVG. Só se ve no logo… ¡pero cambiaron algo! Agora pregúntome, ¿para qué? Menudo xeito de tirar os cartos en promoción con carteis, cuñas e anuncios da nova Galega. Si, A Galega, mira… e verás un novo logo… e logo, cambia de canle, porque segue a mesma trapallada de sempre.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS