Game Over

Falando das Pin-Ups botei un ollo ás imaxes de Luis Royo e lembrei unha conversa que tiven o día da excursión chuceira á Coruña durante Viñetas desde o Atlántico...

Falando das Pin-Ups botei un ollo ás imaxes de Luis Royo e lembrei unha conversa que tiven o día da excursión chuceira á Coruña durante Viñetas desde o Atlántico na que comentaba que os debuxos de Royo, aparte de aparecer coma portadas da revista Cimoc, tamén eran as carátulas de moitos xogos de Dinamic, coma foi o caso de Game Over, que foi censurado vilmente no Reino Unido:
Portada orixinalCensura burdaCensura avanzada
A portada orixinal, na que se notan os pezóns da moza, foi a que saíu en España, pero para promocionar o xogo no Reino Unido colocaron o logo de Dinamic para tapar o detalle, que se substituíu por un suxeitador metálico na portada do xogo. ¡¿Quen lles daría permiso para modificar un debuxo dun artista?!

A este xogo tamén lle pasou unha curiosidade no extranxeiro:
Portada orixinal de Game OverCarátula de Game Over 2
Á esquerda temos a imaxe que servía de carátula a Game Over, e máis adiante Royo fixo un debuxo seguindo a mesma liña que se puido ver en España na portada de Cimoc aínda que no Reino Unido apareceu coma portada dun xogo de Dinamic que non existe: Game Over 2.
O truco está en que o Game Over 2 non era máis que un cambio de nome para Phantis, que en España tiña unha carátula de Azpiri. ¿Por qué fixeron tal? Pois sospeito que porque a censura deu lugar a moita publicidade gratuíta, ¿non?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS