A galega, mira e… esperarás

A pasada semana falaba de que a TVG ía cambiar a súa imaxe e que xa se podía consultar a nova web de A Galega. Incluso comentei en Chuza...

A pasada semana falaba de que a TVG ía cambiar a súa imaxe e que xa se podía consultar a nova web de A Galega. Incluso comentei en Chuza que para o día 10 nos agardaría un certo erro xa que a web publicaría o seguinte:
Faltan 1 días
Si, que o luns sería o día do cambio de imaxe da TVG, pero que para anuncialo cometerían un erro de concordancia numérica (deberían pór “falta 1 día” e non “faltan 1 días“). Iso si, arranxárono dun xeito moi elegante, xa que hoxe, día 10, publican o seguinte:
A Galega - Faltan 10 días
Vaia, que agora faltan 10 días para mañá, ou sexa, que sen vir a conto demoran o cambio de imaxe sen ningún tipo de explicación pública. Entendo que o mira… e verás promocional é só un xeito de falar. Mellor, mira, agarda, e volve a mirar.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS