O Imperio Contraataca en 151 fotogramas

Recomento a tódolos seguidores da Sagrada Triloxía que se pasen pola web oficial de Star Wars para comprobar 151 fotogramas nos que se pode ver os cambios que fixeron...

Recomento a tódolos seguidores da Sagrada Triloxía que se pasen pola web oficial de Star Wars para comprobar 151 fotogramas nos que se pode ver os cambios que fixeron ó retocar as películas da Guerra das Galaxias para a súa reestrea en cine e mailo seu lanzamento en DVD. Aquí un exemplo:
Luke en DVD
A diferenza na calidade é abraiante, pero non só se mellorou a nitidez das imaxes, senón que tamén engadiron detalles coma en:
Lando en DVD
Sen dúbida, unha proeza que paga a pena revisar.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS