O Porco Bravo visitará Melide

En Xornal.com falan da celebración que chegará a Melide durante a vindeira fin de semana: ¿Canta xente acudirá á Xuntanza do programa Lecer de Melide?    ·A Vicepresidencia prevé a...

En Xornal.com falan da celebración que chegará a Melide durante a vindeira fin de semana:

¿Canta xente acudirá á Xuntanza do programa Lecer de Melide?

   ·A Vicepresidencia prevé a asistencia de máis de 5.000 persoas á terceira xuntanza para os maiores.

   ·Xa está confirmada a asistencia dun centenar autobuses a esta festa que se celebrará o vindeiro domingo.

   ·Ademais do xantar, están previstas actuacións musicais, pasarúas, obradoiros de oficios tradicionais e a actuación do Xabarín Club para os máis pequenos.

Vicepresidencia prevé a asistencia dunhas 5.000 persoas á xuntanza de maiores que terá lugar o vindeiro domingo- día 3 de setembro- no concello coruñés de Melide. Neste momento, xa está confirmada a asistencia duns 100 autobuses. Este é o terceiro encontro que se celebra dentro do programa Lecer para os Nosos Maiores, que este verán está a levando a cabo a Vicepresidencia da Xunta.

A delegación provincial da Vicepresidencia na Coruña coordina un amplo dispositivo de persoas para a celebración deste encontro, que se organiza en colaboración co concello, Cruz Vermella, Protección Civil, Garda Civil e Policía Local. Medio centenar de persoas dependentes da Vicepresidencia traballarán en labores de organización neste encontro, aos que hai que sumar os efectivos que aportan todos os organismos colaboradores.

PROGRAMA.- Ás dez da mañá está prevista a chegada dos autobuses e vehículos particulares procedentes de toda a provincia e doutros lugares de Galicia, ao recinto da área recreativa de Furelos. Media hora despois o popular presentador de televisión, Superpiñeiro, será o encargado da lectura do pregón e da animación da festa ao longo de toda a xornada. A partir das once da mañá haberá actuacións da Agrupación Folclórica Castelo, e dos grupos Axóuxere, Os Melidaos e Froito Novo. A orquestra Montes será a encargada de amenizar o baile que terá lugar despois do xantar, no que os asistentes poderán degustar polbo, empanada, churrasco e carne ao caldeiro, ben no recinto da festa ou na vintena de restaurantes da vila que ofrecerán menús a prezos económicos. Ademais da música e os pasarrúas, que animarán o xantar dos maiores, haberá obradoiros, con demostracións en vivo de oficios tradicionais e xogos populares.

A festa estará aberta tamén aos máis pequenos, que poderán disfrutar coa actuación que o Xabarín Club ofrecerá polas rúas de Melide. Preténdese deste xeito, favorecer o intercambio interxeracional, unha característica novidosa que a Vicepresidencia quere imprimir a estes encontros. Ademais a piscina da área recreativa de Furelos permanecerá tamén aberta durante toda a xornada. O domingo se celebra mercado en Melide, un atractivo máis na celebración desta festa.

LECER PARA OS NOSOS MAIORES.- A festa de Melide é a terceira que se organiza este verán dentro do programa Lecer para os Nosos Maiores que organiza a Vicepresidencia da Xunta, despois das do Carballiño e Vilalba.A última terá lugar no mes de setembro en Pontevedra.Trátase dun programa cun investimento global de 200.000 euros (50.000 para cada encontro), que busca converterse nun espazo para fomentar o envellecemento activo dos maiores galegos, un obxectivo que a Vicepresidencia impulsa a través de todas as súas políticas.

En fin, que haberá que pasar para ver ó Xabarín en persoa 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS