Leslie Hall, Peter Pan e o Tron Guy teñen un vídeo musical en defensa da neutralidade da Internet

Tres frikis disfrazados (con cameos do Dancing Baby, os Back Dormitory Boys, o polo do KFC e algunha que outra curiosidade máis) loitan en favor da neutralidade da Internet...

Tres frikis disfrazados (con cameos do Dancing Baby, os Back Dormitory Boys, o polo do KFC e algunha que outra curiosidade máis) loitan en favor da neutralidade da Internet dende unha páxina web que pretende chamar a atención sobre o tema mediante un ridículo vídeo musical:

Para min o máis abraiante é o tío que vai disfrazado coma un personaxe de Tron… ¡iso si que é friki! De feito, o fulano ¡é consultor informático de plataformas Linux e Mac OS X!

NOTA: o da neutralidade da Internet é unha reivindicación que pretende que as cousas queden como están na Rede, xa que hai iniciativas nos EE.UU. que pretenden dar prioridade na navegación de Internet ós usuarios que máis paguen (ou discriminar segundo os servizos que se usen), o que podería abrir unha nova fenda dixital, esta vez nos propios países desenvolvidos.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS