JLO: a estrela da blogosfera

JLO non son só as letras que emprega de xeito artístico Jennifer López (Jenny Farlopa para os amigos) senón que tamén son as iniciais de José Luis Orihuela, todo...

JLO non son só as letras que emprega de xeito artístico Jennifer López (Jenny Farlopa para os amigos) senón que tamén son as iniciais de José Luis Orihuela, todo un referente na blogosfera en español grazas ó seu eCuaderno 3.0 e esta semana sorprendeunos non tanto por dar unha conferencia no Foro de Líderes en México, senón polo cartel promocional da súa conferencia:
Cartel promocional do Foro de Líderes
O bo de José Luis falaba sobre deseño e comunicación, pero o que me sorprendeu máis do cartel non foi a cara de JLO (que me fixo moi graza) senón a palabra bloger que aparece no mesmo. Nin blogger, nin bloguer (está claro que non ían a dicir blogueiro), escribiron bloger, o que parece ser un erro moi común (en Google aparece máis veces a palabra bloger que blogger). O que é máis sorprendente é que blogger é unha palabra masculina e o seu feminino é blogette, o que supoño que só dirán os pedantes, pero aí queda.
Iso si, a palabriña hai que admitir que ten bastante delito en español pero as alternativas tipo bitacorero ou cuadernista resultan demasiado raras (e creador dun blog resulta demasiado longo). Eu, mentres os da RAG non digan o contrario, empregarei a palabra blogueiro (e incluso bitacoreiro) porque as opcións de bloguista ou blogueador non me gustan nel del panel.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS