Somos unha potenzia… ¡en Tonechos!

A semana pasada Somos unha potenzia empezou tarde porque estreaban un programa dos Tonechos, polo que hoxe fun mirar a hora do programa de Carlos Blanco para non ter...

A semana pasada Somos unha potenzia empezou tarde porque estreaban un programa dos Tonechos, polo que hoxe fun mirar a hora do programa de Carlos Blanco para non ter que aturar antes a Roberto e a Víctor facendo o conas por aí, e, cando non me cría o que lía na guía da programación vou á web da CRTVG e vexo o seguinte:
A TVG demora Somos Unha Potenzia á 1:15
Ou sexa, que O show dos Tonechos vai durar 3 horas, de xeito que logo botan ó Telexornal Noite tralo que meten Somos unha potenzia (¡á unha e cuarto!). Vendo iso éntranme gañas de chamar á TVG para que me dean o teléfono do responsable de programación durante o verán para cagarme en tódolos seus mortos. ¡¿De qué carallo van?! O programa de Carlos Blanco está madurando e dende o principio de dicía que o horario era un dos seus problemas e, ¿qué fan para arranxalo? ¿Darlle un horario peor? ¡¿E darlle a súa franxa horaria ós Tonechos?! Con estas grandes estratexias a TVG vai chegar moi lonxe… porque están volvendo a deixar todo como estaba con Don Manuel. Xa tardan en contratar a Piñeiro para que faga o Supermércores (porque agora xa teñen o SuperMáster).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS