A dopaxe no Tour de Francia

Finalmente confírmase a dopaxe de Landis durante o Tour de Francia, polo que quedará sen o seu título de líder, que pasará ó galego Óscar Pereiro (que non desexaba...

Finalmente confírmase a dopaxe de Landis durante o Tour de Francia, polo que quedará sen o seu título de líder, que pasará ó galego Óscar Pereiro (que non desexaba gañar deste xeito). O escándalo volve a ser tal que incluso nos EE.UU. se decataron da existencia dunha volta ciclista a Francia (eles normalmente ignoran os circuitos europeos de calquera deporte) e na súa propia prensa fixeron coñas sobre a dopaxe:
Tira sobre o Tour
Como vedes, xa dan por feito que tódolos ciclistas se dopan, e con iso confírmase a mala imaxe que esta a acadar o deporte de alta competición. Os escádalos non paran de xurdir no ciclismo, no atletismo… ¡e dentro de pouco ata no futbolín! Agardemos que no futuro teñan máis tino para non acabar botando polo chan a pouca sona que lle queda a moitos deportes.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS