Noroeste Pop Rock 06

Na Coruña tódolos veráns chegan unha serie de concertos na Praia de Riazor e na Praza de María Pita que son de balde, polo que atraen a moitísima xente....

Noroeste Pop Rock 06Na Coruña tódolos veráns chegan unha serie de concertos na Praia de Riazor e na Praza de María Pita que son de balde, polo que atraen a moitísima xente. Esta semana tócalle o turno a Riazor, co Noroeste Pop Rock, que se celebra do día 2 ó 4 ás 22:00 horas. Comeza este mércores con Burning, El Koala e Mojinos Escozios; o xoves son os Sunday Drivers e Paul Weller ós que farán bailar ós coruñeses e o venres pecharase con Ariel Rot, La Cabra Mecánica e Los Ronaldos.
Ana Torroja en concertoNo tocante ós concertos en María Pita, esta noite é Sergio Dalma que animará á xente fronte á casa consistorial, mentres que o luns 7 será Ana Torroja quen interpretará novas versións dos seus grandes éxitos dos 80 con Mecano (pois non soubo facer outra cousa que tirar de recopilatorio para manter a súa carreira musical).
Ó final, iso de ir a concertos sen gastar un can volve a ser posible nos veráns coruñeses.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS