Os Tonechos en Potenzia

O programa de onte de Somos unha potenzia volveu a acadar un nivel máis que aceptable, no que xa parece un encauzamento do programa, e supoño que o feito...

O programa de onte de Somos unha potenzia volveu a acadar un nivel máis que aceptable, no que xa parece un encauzamento do programa, e supoño que o feito de que levasen ó Tonechos subise algo a audiencia, aínda que eu agradecín o feito de que en realidade fosen Roberto e Víctor os presentes, xa que os personaxes dos Tonechos xa os teño aburridos.
Ó pouco de empezar (tras facer un par de parvadas) xa tiveron que contar con Chus para escenificar un tópico das festas de verán, co curioso xeito de pagamento dos xefes das comisións de festas, aínda que o apontamento que fixeron os Tonechos é aínda máis ilustrativo:

Quizais o peor da entrevista dos Tonechos foi a irrupción da sección dos espías en prácticas, que aínda non lle atopei xeito en ningún programa, e agardo que a acaben eliminando (os actores que participan poderían intervir no programa de moitos outros xeitos, sen romper o ritmo das entrevistas).
Iso si, a interrupción corrixírona cunha desmedida homenaxeando ós Irmáns Marx, o que tivo certa coña dada a semellanza de Víctor/Tucho cun dos míticos humoristas:

O segundo bloque do programa destacou por ter tantos convidados coma sempre, pero cunhas interaccións curiosas, pois cando menos eu flipei coas caras que Josefa de Bastabales lle lanzaba a Davide Salvado. ¡Daban para facer un poema!

Iso si, se ben a pasada semana era a primeira vez que gustaba de Desencontros, esta ocasión moloume Dende o sofá, pois a coña dos estilos de música e as cancións tradicionais galegas resultou moi atinada. ¿Quén non cantou nunca A Rianxeira tras unha noite nos viños? Sen dúbida, unha boa entrega das clases pasivas:

A intervención das Rumorosas pareceume un pouco rara esta semana, xa que só puxeron imaxes curiosas e simpáticas pero, agás as das pandeiretas, non se sabía moi ben a qué viñan. E o feito de que non citasen as fontes fíxome pensar que posiblemente se tratase de material que foron gardando ó longo do tempo e que agora gardasen no seu ordenador. ¿Alguén me podería ilustrar sobre as fontes das imaxes desta semanas? Porque as pandeiretas tuneadas eu as vira nalgunha parte antes, por agora non dou na conta.

Por certo, ¿fun eu o único que lle pareceu chocante que en todo o programa non empregase o plano cenital cando facían referenza ó Altísimo. Supoño que estaría mal a cámara e ninguén llo dixo á xente do plató 🙁

Nesta ocasión tamén o sketch dos alcaldes estivo bastante ben, coa alcalde de Arousa en Londres, especialmente polo feito de que a anécdota do reloxo musical está baseada en feitos reais:

Iso si, o remate do programa si que foi glorioso, con Carlos Blanco explicando a súa idea dun argumento para unha película porno con grandes estrelas galaicas como Falo Núñez e Mercedes Pezón. Aínda que cando escachei coa risa foi cando comentou o momento de sexo lésbico bilingüe normativo-reintegrado que me pareceu baseado en feitos reais (¿alguén pode confirmar tal?).
En definitiva, outras risas máis grazas ós monólogos de Carlos Blanco:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS