Super MariBingo

Estaba anunciado, as Maribolheras Precárias anunciaran un MariBingo na Fundación Luis Seoane, un evento con moita sona na Coruña, aínda que unha locutora de RadioVoz comentou que o acto...

MariBingo na Fundación Luis Seoane
Juan no MariBingoEstaba anunciado, as Maribolheras Precárias anunciaran un MariBingo na Fundación Luis Seoane, un evento con moita sona na Coruña, aínda que unha locutora de RadioVoz comentou que o acto estaba organizado polas Mariboleras Precarias, aínda que eu nunca vin a ningunha delas na boleira do Temple.
Aparte do bingo en si mesmo, o evento tratábase de toda unha celebración, na que os gais máis populares da Coruña aparecían vestidos co traxe tradicional galego, ¿ou debería dicir gai-lego? Porque parece que a relación entre o mundo do traxe tradicional e os gais é notable (cando menos pola zona de Compostela).
O propio Juan ía vestido co traxe tradicional, aínda que non se alimentaba só de empanada, senón que tamén lle daba ás aceitunas e ás birras, polo que o carácter de diversidade do MariBingo se aplicaba a case tódolos ámbitos, dende o sexual ata o culinario.

Para os amigos de Zapping hai algunhas apariciones que serían subliñables, coma o top manta que montou Antón ou mesmo a tómbola benéfica que montou Fernanda:
Fernanda montou unha tómbola no MariBingo

Tamén Susana a vella andaba por alí (aínda que iso é normal xa que é toda unha icona gai na actualidade) mentres que As Rumosoas tampouco faltaron:
As Rumorosas no MariBingo

De tódolos xeitos, e como estaba anunciado, a protagonista de toda a noite foi Pía de Tolomei:
Pía de Tolomei no MarBingo da Luis Seoane

Iso si, o máis curioso do asunto foi que esta mesma semana, buscando un vídeo para Carlos Roma en Código TV atopei unha intervención de Pía de Tolomei no programa de Carlos Gulías chamado Écheoquehai (coido que é o primeiro e único programa de televisión gai de Galicia):

Para quen pense mal, a Patricia Falchi non lle pasaba na reportaxe como á presentadora de La Sexta (ésa que agora di que tiña jet-lag) senón que ela é así. Que eu a coñezo de día (pois aínda que as reportaxes se graven ás tantas, o programa en plató gravábase a horas decentes) e é un tanto hiperactiva, pero moi formal e simpática. Se houbese máis xente así no mundo da televisión seguro que se pasaba mellor o tempo fronte a caixa parva.

Pero volvendo ó MariBingo, teño que admitir que non me quedei a todo o chou xa que o empreguei coma paréntese, xa que fun do MariBingo a ver Superman Returns e da película volvín ó MariBingo. Sobra dicir que a película dura máis de dúas horas e media, e tanto cando marchei como cando volvín o MariBingo estaba en marcha, polo que vos podedes facer unha idea da movida que houbo toda a noite.

Iso si, tanto Pía de Tolomei coma Juan dicían ós que quedamos ata o final aquilo de grazas por vir. ¡¿Pero qué carallo?! ¡Grazas a vós por montar este tipo de movidas tan chula! Se houbese máis cousas polo estilo a vida cultural dunha cidade sería moito máis rica e non farían falta os botellóns.
Xa sabedes, se o queredes pasar ben unha noite, asistide ó vindeiro MariBingo.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS