HobbyCon

  • Anime Expo para abrir boca de cara a Hobbycon

    Esta mañá pasei polo PALEXCO para a presentación da nova edición de Mundos Dixitais, e xa estaban rematando de colocar as cousas para o inicio de Hobbycon, e como anticipo duns días ateigados de cosplay na Coruña quería compartir parte do material que Mineralblu publicou da Anime Expo 2016,...
  • Entre Prados anda o Charly

    O mes pasado gravei en vídeo (bastante mal, pois pillei un contraluz bastante chungo) unha charla conxunta que durante a Hobbycon deron Adrián Prado e o seu pai, Miguelanxo Prado, conducidos por Carlos Pastoriza Charly, para falar da historia da ilustración dende as súas perspectivas persoais, o que permitiu...
  • Habemus vídeo oficial da Hobbycon 2015

    Un ano máis, e grazas ao traballo de Puma Punku, por fin temos o vídeo oficial que recompila os cosplays da pasada edición da Hobbycon. Un excelente xeito de rememorar o encontro....
  • O Boas Tardes visita a Hobbycon

    O programa Boas Tardes da TVG pasou hoxe pola Hobbycon, nunha conexión en directo na que falaron con Alberto Hortas de 4ojos Estudio, Vanessa Madame Butterfly e a xente de V de Vombilla:...
  • A semana que vén temos Hobbycon

    Xa está aquí, xa chegou, é a Hoooobbycon que aaaaterrooou… (ler coa música de Los Mundos de Yupi). Si, un ano máis o salón multidisciplinar máis friki da Coruña volve para animar o inicio do verán nas instalacións do Palexco, inaugurándose a festa cun desfile cosplay que irá de...
  • HobbyCon (V): o vídeo de Puma Punku

    Un ano máis dende Puma Punku amosan os cosplays da HobbyCon nun coidado vídeo do que gustarán tanto os que viviron o evento coruñés como os que non puideron achegarse:...
  • HobbyCon (IV): unha despedida con moito cosplay

    A derradeira xornada de HobbyCon foi un tanto diferente ao resto pois, aínda que había actividades varias, o concurso de cosplay o eclipsaba todo, en boa medida, por congregar a centos de persoas no auditorio, afastadas do resto da feira....
  • HobbyCon (III): Wismichu vs Sheldon Cooper

    Ainda que a xornada do venres da HobbyCon fora moi divertida, víase pouca xente polo recinto, o que cambiou radicalmente durante o sábado, con moita xente que aproveitaba que o día estaba un chisco cuberto para pasalo ben sen ter que desprazarse a algún areal. A estes asistentes había...
  • HobbyCon (II): quen puidera namorala e Carlton Banks

    O segundo día da HobbyCon paseino especialmente ben, pois aínda que non había moitas actividades prometedoras para min, ao final as cousas máis chorras foron o mellor....
Chíos e rechouchíos